22/07/2008

...... O HOME DO CAPOTE REMENDADO- CASUALIDADES

VIAXE O MONTE.-

Xuntáronse as dúa familias na aldea, naquel fin de semana do mes de Maio.

 Decidirase facer a excursión naquel fin de semana aproveitando unha ponte no traballo habitual de cada un, o coincidir que o martes seguinte era dia non laboral, é polo tanto poderiase facer aquela excursión a Trevinca, para localizar unha nova ruta pedestre, para ver a posibilidade de pola en valor.

 A idea era ver si se localizaba unha ruta cunha certa dificultade, entre Porto e o lago de Sanabria, para xente con folgos para percorrela.

 Escolleuse Abril, porque os días son dos que mais horas de luz teñen, nesa época a temperatura soe ser agradable e se non habia ningún atranco poderiase facer o percorrido en once ou doce horas, con boa luz do dia.

 Eso sí, para facer o recorriod con luz diurna, haberia que madrugar.

 Planificouse deixar un coche en Ribadelago, aquela aldeiña arrasada pola auga do rio Tera, por mor de unha preseira de Moncabril mal feita por aforrar costes alá a principios do ano 1959. Aquela aldea e a maioria dos seus veciños foron arrastrados o fondo do lago de Sanabria de maneira inmesiricorde, a facerle compañía a famosa aldea de Villaverde, que fora asulagada por unha maldición.

 Outro coche deixariase en Porto, desde donde irian camiño do lago os seus ocupantes, e desde Ribadelago outros farian o mesmo coa idea de atoparse no alto das serras, e desde ali voltar a calquera dos coches para volver a aldea.

 Levaban todos os camiños ben estudiados, señalados en bos mapas, e en cada grupo un experto nas serras e montes da Segundeira.

 ENCONTRO INESPERADO.-

 As oito da maña, o grupo de Porto, composto de tres persoas, mailo experto da zona, escomenceron a andaina subido cara o Xistral.

 O kilometro e medio mais ou menos, xa escomenceron a columbrar corzos, que caaseque non se asustaban deles, pois cando fuxian non o facian con demasiado afan, daba a impresión que o único que facian era dar unha volta para coa idea de volver o mesmo lugar.

 Habia gran cantidad de fauna, aparte dos corzos, garduñas, gatos monteses,raposas, teixugos e algún mais. Nun intre determinado, unha lebre caseque tira co amigo Xusto o levantarsle literalmente debaixo dos pés, enseñando o seu rabo blanquiño desapereceu.

 Chegaron ás primeiras malladas, sobre as nove despois de chegar a unha cota de mil trescentos metros. Para chegar a cima tiñan que subir a unha cota por enriba dos mil setecentos metros.

 Aredor das doce, estaban nas estribación do Moncalvo, cuando entre uns penedos, albisqueron unha figura humana, e o experto no monte dixo

-         Seguro que a outra pandilla xa chegou, e queren fecernos unas bromas.

-         Ë igual, -dixo Xusto,- a ver si chegamos alá e algún trae auga fresca.

 Seguiron camiñando cara o Moncalvo.

 Cuando chegueron o rochedo da parte do poniente do punto mais alto daquela zona, desde o que se via o nacimento dos rios Tuela por un lado o Bibei polo outro, e casi albiscando o nascente do Tera, aquel que revntou a preseira de Moncabril. Xa se sabe que as augas son indomables, mais a avaricia dos homes e das empresas que eles crean, as veces pensan que as poden domeñar como ocorriu no 1959 coas daquel rio por mor amontoar uns poucos cartos, non tiveron reparos en facela mal, coas consecuencias de caseque todo o pueblo afogado, cousa da que ninguén se arrepentiu.

 As autoridades imperantes no momento, aproveiteron a ocasión para facer unha desfeita mais, levantando unha aldea nova a  beira do lago, con casas como as que facian os sindicatos verticais, e olvidandose de que os sobrevivintes, antes do desastre vivian da ganderia e dunha pequena agricultura de subsistencia.

 O chegaren, o rochedo atoperonse cun home, semiestarricado entre dúas pedras, que mesmo semellaba que estaba entalado entre elas. No bulia. Penseron que estaba morto.

 Olleron uns pros outros sen saber que facer, cando, cunha vociña apenas audible, o home dixo

-         ¡Por favor, axuda, para morrer de xeito menos doloroso!

 Correron hacia él, coa idea de axudalo, mais volveu a falar dicindo

-         Tendes que tentar separar a pedra da  miña direita, que foi a que me entalou.

-         A ver, hai que facer unha panca para movela – dixo Xusto –

-         Vou mirar naqueles rebolos, se hai un que poda escochar. –dixo o experto no monte.

-         Beba un puco de auga desta, dixo Miguel, acercandole unha cantimplora.

 Nesto voltou o experto cun pau que mesmo parecia medio carballo. Aquel home tiña unha forza moi grande polo visto, o conseguir esgazar aquel cacho de casi viga.

 Separaron o penedo e libereron o corpo do vello, mais aquello tiña ruin pinta, pois, desde a cintura hasta os xeonllos so habia un monton de carne machacada, ensangrentada e que o separar a pedra escomenzou a sair mais sangue.

 AUXILIO O MORIBUNDO.-

O ver o cariz daquela enorme desfeita, e un moito asustados, despous de tentar conter a sangue daquel corpo que pouco a pouco ia deixando escapar a vida que tiña dentro, decidiron tentar de buscar axuda o mais rápido posible.

 Decidiron que quedaria co ferido o mais vello, e os outros dous, un iria a tentar atoparse o mais axiña posible cos que viñan desde o lago e que levaban un móvil polo que podian chamar a algunha patrulla da Guardia Civil.

 O experto na serra decidiron que fose hacia as pistas do Auguallal, a ver si localizaba algun todo terreno de alguen, polas pistas dos modernos “molinos de viento”.

 Miguel tentaba por todolos medios o seu alcance, naquela situación, para que aquel home sufrira o menos posible.

 Sempre levaba consigo un par de aspirinas, por si se sentia demasiado cansado. Doule unha con un sorbo de auga, ainda que sabia que poderia complicarle a hemorraxia, pero seguramente a dor era a cousa peor dequel home, pois sangue, en vista da que habia soltado, no le debia quedar moita. Outra cousa que estaba moi clara, era que o mais probable non poideran levalo con vida a donde o puderan axudar.

 Acercouse o ferido e preguntoule, se podia axudalo dalgún xeito. Este contestoule con un sorriso, que non se preocupara por él, pois xa estaba o fin do seu camiño, tal como estaba previsto, ainda que nunca pensera que ia ser tan dolorosa a partida. Apenas era capaz de que as verbas se le escoitasen pois a súa debilidade era tal, que articular calquer sonido costaballe unha enormidad.

 Con voz apenas audible e entrecortada, mais cun sorrso nos beizos, o ferido dixole o seu acompañante

-         Teño que pedirle un pequeño favor.

-         Diga o que desexa- dixo Miguel acercando a súa orella os beizos do malferido para escoitalo mellor.

-         Busque no meu macuto, un pequeño libriño que hay no fondo.

 Miguel fixo o que le decia, e no fondo do macuto debaixo dun cacho de pan e unha lata de conservas, atopou un libriño de, apenas seis centímetros de longo por catro de ancho cunhas pechaduras metálicas que facian que no se poidese abrir.

 O titulo do libriño era : ARXINAS.

 

 

Posted by Xabrés da Teixeira at 22:50:48 | Permanent Link | Comments (2) |
Comentarios
1 - Cabe agardar que continuará, non? Unha aventura de supervivivencia terá que dar para vivir ou morrer. Xa veremos que da de si ese libro sobre ¿antigos canteiros? Ata o momento, a historia engancha ben.
Saúdos (Comment this)

Escrito por: loro at 2008/07/23 - 12:49:07
2 - Moito obrigado, Mr. Loro, o Home do Capote remendado xa leva algún tempo no blog, agora está ni inicio real da história, pois os primeiros articuliños, so eran unha introduçom(imonos meter a lusistas).
Supoño que terá continuidad todo depende das ganas que teña un Carqueixeiro-Louxeiro metido a Xabrés.
Apertas. (Comment this)

Escrito por: Xabres da Teixeira at 2008/07/23 - 13:52:05
Escribir comentario