24/07/2008

FURTIVISMO ECOLÓXICO


 

VOUME DE VACACIONS-

(QUERO SEGUIR SENDO FURTIVO)

 

 Na semana vindeira, cando xa o mes de Santamariña esté encetado, irémonos a folgar á zona de Val dos Marcos, Parque de Montecinho, Serra do Invernadeiro, Parque de Calabor é a Alta Xeabra metida na Baixa Cabreira, donde, como cando éramos libres cazadores furtivos, voltaremos a practicar o noso deporte favorito: O FURTIVISMO ECOLÓXICO.

 Tentarei de explicarme. Cando practicábamos estas bonitas ARTES, de caza e pesca, éramolos mais ecolóxicos, na zona de Val dos Marcos, pois daquela, ainda a verba ECOLOXIA, non existía. Poderiamos chamarle “a única maneira” de comer carne que non fora xixa de porco.

 Os coellos collíanse a man, cando as nevadas eran gordas e os coitadiños estaban obligados a sair dos tocos para comer, sen decatarse que poderian ser comidos.

 As perdices agarrábanse nos hichós, trampa que se les puña por lanfronas e querer comer  o centeo dos labregos. E decir que querian comer e as veces eran comidas.

 As trutas collíanse a man, cousa que solo se podia facer no mes de Agosto, pois mollar a colla noutros meses era caseque quedar sen atributos reproductores.

 Tamén se collían polo nadal, coas famosas manxoeiras, mais solo cando o inverno era amoroso, e non le petaba encher o rio e ripar cos redeiros. ¡Cantas manxoeiras arrastreron as encheas!.

 Xabarins de aquela non había. ¡Que ben irian para quitar algunhas fames!.

 Os corzos eran cousas do mes de febreiro, e solo na Baliñas. Caseque non pagaba a pena ir a buscalas. Daban moito traballo, senon que le pregunten o Teófilo cando marchou detrás de unha, pro outro lado da caboca dos Zreixais, e cando voltou, se non fora por seu hirman Céfiro ó Manolo e mais eu, atopariase soliño no medio das Baliñas e deixado a súa sorte,a solidariedadenon era frecuente. De caza as corzas sairamos trece cazadores naqula mañá.

 Bueno sen mais caralladas, neste vran quero dedicarme ó furtivismo, e vou explicar como e donde, por se le interesa a alguén.

 Irei a cabar tocos nos que se esconden as lebres, as perdices a os pombos. Pois o meu amigo Silverio, unha vez que cabou un toco, sacou del tres perdices, dúas lebres e tres pombos. Sei donde era o toco e voltarei a cabar nel.

 As trutas collereinas a facha, e tamen con cocada.

 O punto de partida e de retorno será na canteria dos Garridos. Digo esto por si os defensores da cuestión ecolóxica, queren facer acto de presencia.

 O que non digo é o día nin a hora, mais como por alí andarei, a quen le interese pode preguntarme. Algunha contestación recibirá.

 ¡A que será ecoloxica, a cousa!

  Para despedida, dous ditos portugueses:

¡ PARA TRÁS MIJA A BURRA!                  

¡ HAJA SAÚDE E COZA O FORNO!

 

Posted by Xabrés da Teixeira at 16:40:50 | Permanent Link | Comments (4) |
Comentarios
1 - Pois xa contarás que tal foi. Agardaremos as novas que aqui se publiquen.

Un forte abrazo e boas vacacions!! (Comment this)

Escrito por: jferreiroc at 2008/07/24 - 15:45:14
2 -
Está vostede invitado a toda canta falcatrúada que se faga. Se non hai falcatrúadas polo menos poderemos facer algunha papada xuntos no Gran Mesón Chef Marcelino. (Comment this)

Escrito por: Xabres da Teixeira at 2008/07/24 - 16:11:04
3 - Que suerte tienes jodío yo hasta... no se cuando, no tenderé vacaciones.
Parecen interesantes esos trabajos veraniegos, si coincidimos algun fin de semana por esos lares trataremos de acompañarte y aprender, si ello no te incomoda. (Comment this)

Escrito por: Louxeiro at 2008/07/26 - 10:02:32
4 - Quedas invitado, cuantos mas seamos en la trena mucho mejor. (Comment this)

Escrito por: xabres da teixeira at 2008/07/27 - 18:53:18
Escribir comentario