29/07/2008

INSULTOS CARIÑOSOS


¡¡AH!, PUTOS!

Chegueran os tempos das vacaciois. Había que ganar uns perros, pra poder manter o vicio do tabaco.

A cousa era bastante sinxela. Fumábamos o que podíamos. Conozo a quen fumaba folllas de patata, incluido eu, follas de silva, e caseque calquer cousa que fixese fumo, ainda que fosen carozos. O importante era meter algo para dentro dos pulmons, pous así engañabase ás veceS, o estómago. Hai que decir que a fame, caseque solo estaba nos nosos pais. ¡Non quero arrendarles a ganancia!.

Aquel dia, tocou ir a facer travesas a Mallada. O Pepe era un grande experto en cuestionss de madeira, é había que aproveitalo.

Previa consulta conmigo, pra axudar ó vello, contratou co Maragato facer travesas pra via do tren.

Pagaban-nos cinco duros por travesa feita, das pequenas, e seis polas grandes.

Os xornais daquela andaban polas cincuenta pesetas día. Nos, facendo travesas, conseguiamos un “xorne” diario de vinte duros por barba.

Tal como andaban as cousas, o asunto non estaba mal, e para min muto menos, pois aquelo de cortar carballos, limpalos e escuadralos para despous serralos, era algo bonito, sobre todo porque o carpinteiro preparaba moi ben as ferramentas. Él era da opinión de que, éra a ferramenta a que tiña que tirar de un, e non o revés.

Ibamos pola mañá, cortabamos os carballos escollidos, limpábamolos e transformábamolos en travesas. Fúmabamos os nosos cigarros feitos con tabaco de cuarterón, bebiamos a bota de viño, botábamos a siesta reglamentaria, e pola tardiña volvíamos pra a casa, e a esperar o dia seguinte.

Naquel día, non recordo ó porquei, comimos na casa.

Cuando acabemos de comer, saimos cara a Mallada, que era donde estábamos traballando.

Collimos o carreirón da fonte do Souto, que acurtaba o camiño, pois íbamos polas sombras dos castañeiros a sair os prados de Cadavais.

O chegar a fonte, como inda non botéramos o cigarro, eu sauquei o meu paquete de Celtas cortos, deille un cigarro a meu pai, collí outro pra min e botemosle lume.Na primeira bocanada escoitemos detrás de nos a voz de a Dolores, miña mai, que textualmente nos berraba:

¡Ah, Putos!

Eu encaxei a cabeza caseque por baixo dos hombros, o Pepe fezo o mismo, clavémos a mirada no chao, aceleremos o paso, e hasta o rouso do Camiño Novo non vlvimos a chupar do cigarro.

Hai que decir, que non houbo comentarios, en realidad hasta chegar a Mallada, non dixemos nin pío.

Na casa pola noite, naide se acordou do suceso. Foi comentado uns cuantos anos mais tarde.

 Este comentário, tentei de escribilo tal cual falábamos No Castro de Trasil, en Val dos Marcos.

Posted by Xabrés da Teixeira at 16:43:10 | Permanent Link | Comments (4) |
Comentarios
1 - Non precisa comentarios. É un relato con zume de autenticidade. Precioso, sabroso, perfecto. (Comment this)

Escrito por: Loro at 2008/07/30 - 13:30:24
2 - Xa sabes que de aquela, o asunto de fumar era falta de respeto.
Neste caso eu tiña un confidente e amigo, en meu pai.
Xabres (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/07/31 - 09:31:52
3 - Eu coma ando a ler tarde, non sei se veras este post...
Encantoume este conto (real)!!!
Bicos
Pala (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/08/07 - 09:50:05
4 - ¿Que hai Pala?, como ves si que vi o post. Eso foi real como que agora estou a escribir.
Bicos
Balel (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/08/10 - 10:01:52
Escribir comentario