FOGUETES NA CABEZA DAS FONTES
DENDE EIQUÍ, E CON CARIÑO, DEDIDACADO A UN FEIXE DE MORTOS
E A SEITURA
Os mortos prefrió non moméalos, supoño que todos serán identificados, e se no é así noutra hora daremos o listado.
Non seí canto tempo xa terá pasado, ainda que me cheira que moito, pois debía ser das primeiras veces que eu ia a seitura.
Según decian os “vellos”, eu non segaba mal, é o parecer ataba bastante ben, ainda que creo que os mollos que facia pesaban demasiado.(Creo que as veces desfacianse).
Daquela fóramos a seitura pras nosas veciñas as “vichas”. Espero que meu amigo Loro e súas irmás e irman non tomen a mal que as nomeé así, pois en definitiva era así como eran conocidas.
Como decia, fumos a seitura para a Cabeza das Fontes. Por certo por alí andaba o Cigano e gran segador do cual xa falou del por eiqui, loro.
A mañá transcurriu normalmente, segouse o previsto, e chegou a hora da comida.
Chegou a Felicidad coa pitanza, e arremolinémonos todos arredor da manta coa comidad e bebida, no mismo cimo dos prados da Cabeza das Fontes, a sombra dos carballos que creo que inda andan por alí, é un decir porque as raices non os deixan.
Comeuse, bebeuse viño fresco previamente refrescado na fonte que hai na poza, e uns tragos de auga supoño que alguen os tomou tamen.
Unha vez acabada a pitanza, o personal botou a “siesta”, na bancia da caldeira, mellor dito ó lado (joder, as veces meter verbas con calzador custa traballo), os homes a un lado e as mulleres a outro.
Aparte dos seitureiros portugueses, tamén estaban por alí : o Pepe a Dolores e eu, o Manolo e a Cecilia, creo que tamén andaba por alí o Elias, se non foi así que se borre, o Modesto como é natural, é un criado que tiñan chamado Çe, e que era mais conocido como o Çe da Moca.
O asunto foi, que de a banda dos homes saiu un soberano trono, caseque como un barreno.
O peido foi soberano.
As mulleres alporiceronse chamando porcos os homes, é a tia Josefa soltou: ¡Descansado le debeu quedar o cú, mirei para alí e non se buliu nadie!.
Entonces a Felicidad dixo : non sei se non sería o Pepe.
¡Ca!, dixo a Dolores. Eu a merda do Pepe conzoa ben
A risotada foi francamente escarallante, mais da zona dos homes, no houbo nin un lixeiro funguido nin movimento.
Coido que o único vivo daquela, e que estivera alí, son eu.
Un recordo forte para todos.


Xabres (Comment this)