Monday, August 10, 2009

O VIÑO DO TI TOMÁS

Hoxe lembrei unha das histórias que algunha vez le escoitei a meu pai. Doume conta agora que foi unha verdadeira pena non escoitar mais ós vellos, mais coma sempre a experiencia so se adquire con tempo e o problema é, que, se non hai tempo trancurrido non hai experiencia. ¡Unha pena!.

Vivía en Castrelos un tiu de meu pai, ó que él tiña un grande cariño. Era irmau de súa mai e chamábanle o tiu Tomás.

Meu pai, de novo, estaba mutas temporadas coel en Castrelos, axudandole nas tareas que daquela tiñan; Segar herva, centeo, facer as mallas etc.

O tiu Tomás, un ano ficera un viño especial. Con uvas dalgunha parreira de Castrelos ainda que a maioria transporteran-nas desde as viñas de Vilares de miña aboa Pilara, que era unha das súas irmas.

Conseguira facer un excelente viño, que o tiña na súa bodega con moito esmero e cuidando-o, para bebelo na época das mallas e na festa local.

Faltaban uns días para a festa, e meu pai estaba axudandole, creo que a segar unha leira, e cando acaberon o traballo, volvian para a casa a merendar.

Estaban a punto de sentar á mesa, e o tiu Tomás díxole a súa muller que fora a bodega por unha xarra de viño do que tiña gardado para a festa.

Foi a señora da casa a buscar a xarra de viño, e cando chegou atopouse con que a cuba do bon viño estaba baleira. Naide se dera conta, mais a billa saltara e o viño verteuse todo.

A pobre muller apañoú un soberano disgusto, e so facia pensar na carraxe que le daría o ti Tomás e o enfado que collería.

Antes de subir de novo a casa, chamou por meu pai decindole que baixase un momentiño, levouno a bodega e ensinoulle o desaguisado chorando. O Pepe calmouna como puido, ainda que era difícil, pois a pobre muller so tiña medo de como reaccionaría o seu marido, e sobre tdo o disgusto que ia ter.

Non había outro remedio que decirlo. Subiron a casa e a muller díxole ó home:

- ¡Tomás, ocorreu unha desgracia!.- ¡Contalo, Pepe!.

- Bueno, vera… parece que a cuba estaba mal abillada, e o viño derramouse.¡Non hai nin on groliño!-dixo o Pepe.

Entonces, o ti Tomás, sen inmutarse, so contestou:

- ¡Bueno!.

- ¿Bueno?, ¡so eso se te ocurre!- díxolle a muller.- ¿Así, tan tranquilo te quedas, despous de quedarte sen o viño que tanto traballo vos deu?

-¿E logo, qué pasa, si me enfado e rabeo, volve o viño a pipa.

Escacheron todos a rir, e o asunto morreu alí.

Eso sí, todolos anos pola festa do día seis de Agosto o ti Tomás, sempre lembraba o acaecido.

A trmplanza é unha virtud cardinal, que xa non se leva.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:44:15 | Permalink | No Comments »

Saturday, August 8, 2009

Calila y Digma (Mi versión)


AVARICIA FATAL

Durante toda su vida no había hecho otra cosa que trabajar duro. Las cosas le habían ido bien y logró amasar una gran fortuna. Tenía una mansión en vez de una casa. Por todos los rincones había acumulado cosas de gran valor, con el objeto de disfrutarlas más. Cuadros de pintores famosos y de reconocido valor, objetos de metales preciosos, y demás cosas, que solo sirven de adorno, pero que tienen un valor incalculable. Había en la mansión todo lo que se pudiera desear.

Cuando ya había cumplido los ochenta años, conoció una mujer joven, elegante, guapa, calculadora y fría como una estatua de Tales de Mileto.Esta mujer era consciente de la riqueza de aquel viejo, y también del enamoramiento del mismo, cosa que intentó acrecentar con sus zalamerías que a todas luces eran falsas. Solo tenía en cuenta una cosa, llegar a casarse con él, heredar, pués estaba claro que no podía durar muchos años.

Conseguido su objetivo de hacer pasar por la vicaria al viejo-ricachón, le despreció con el mayor de los descaros, pero era tanta la adoración que él sentía por ella que todo se lo pasaba por alto.

Los desprecios, ni hacian que muriera, ni que dejase de desearla.

Una noche que estaban cenando entró en la casa un ladrón, cosa que hizo que la mujer se asustara mucho y llena de ansieda se abrazó al cuello de su marido y se apretó contra él toda muerta de miedo.

Entonces el viejo, lleno de alegría, se dijo para si: ¿Cómo me da Dios tanta ventura?

Cuando se acercó el ladrón le dijo: Toma todo lo que quieras y puedas llevar, pués a ti te debo que mi mujer me abrace.

Entonces el ladrón escogió las mejores obra de arte, y joyas, junto con todo el dinero que pudo, y cuando se iba a marchar, volvió sobre sus pasos y cogiendo a la mujer por un brazo también se la llevaba, sin que esta opusiese resistencia.

Cuando iban a atravesar el dintel de la puerta, sonaron dos disparos y los dos cayeron muertos, mientras el viejo contemplaba, aquella escopeta con los adornos de oro en la culata, que un día había sido el deseo de la mayoría de tiradores que la habían visto. Entonces volviendo a su sofá favorito murmuró: Le dije que se llevara lo que quisiese, pero el que intentase llevarse a mi mujer, y ella lo hubiese consentido, era algo que no debía permitir.

Adaptación “sui géneris”de Calila y Digma, de Alfonso X. (con perdón)

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:03:03 | Permalink | No Comments »

Friday, August 7, 2009

TEMPIÑOS

Nostalgias.

Era no medio da invernía, alí polo Val dos Marcos. Había neve do Carballal hacia a Cachena, pola beira do Tuela non coallera .

Despous de xogar a partida na casa do Caxera, estábamos a escoitar a Pepe Pinto naquela belísima copla, intitulada “Mi niña Lola”, mentras no camiño facía un fríu xeado, enriba da pouca neve que ali quedaba.

Asomou o fuciño pola porta, meu tiu Manolo, cando mirei para él fixóme un aceno hacia afora. Eu sabia o que queria decir; quería falar conmigo a solas. Saín anda él, é dixóme: Que te parece si mañá imos a busca dun par de coellos, hacia Vilares?. ¡Feito, respondín eu, chamame pola maña! – Vale, deica mañá.

Entrei de novo para acabar de escoitar a copla. Daquela, pasabamos a metade da noite escoitando Radio Andorra, con aquel programa donde para poder escoitar os “cantores” da época, habia que tragarse antes de cada cantiga, polo menos media hora de dedicatórias. Estas dedicatórias eran case sempre o mesmo: Didicado por fulanito e fulanita desde Suiza para seus pais, hirmaos, primos, parentes, amigos e este aquel e o de masi aló, en Peteliños de Abaixo ou de Arriba. Así durante media hora ou mais. Mais merecia a pena, por escoitar a Pepe Pinto, La Niña de la Puebla, Valderrama, Fariña u otros, sin olvidar a António Molina.

Cando acabou o programa, saímos todos co ánimo de descansar nas camas por aquela noite. Coma sempre, subimos xuntos os da barriada darriba; Licesio, Agustín, Eloy e un servidor que ustedes, que tamén coma sempre, facíamos plantón diante da casa do ti Dario, que por aquelas horas tiña sintonizada a radio nunha emisora estranxeira, que emitía música orquetal, que facia que os pés se eleveran por enriba do planeta co ánomo de bailar, ainda que non era o nos forte, salvo o Agustín que debecia sempre por bailar.

O dia seguinte, despois de pasar polas Cegudas, Caboco do Lombeirón, As Latas, cheguemos as viñas, nas que ainda habia un que outro pampano, follas mais bes de color roxo que verde, inda tivemos a oportunidade de catar uns melóns que algunha alma caritativa sementera por alí.

A cazata foi pequena, volvimos para o pueblo polo Poulo dos Mexacans, donde nos atopemos co Céfiro e o Teófilo que sempre andaban xuntos de caza. Claro, tiñan o costume de levar, aparte da merenda, un o viño e o outro o termo do café. Esto útimo era o que mais eu le envxaba.

Por mor de unhas perdices, acabemos na Portela das Teixugueiras, donde sentémos a fumar un cigarro, que mentras o liébamos podiamos escoitar o famos “Pikú” de Hermisende que berraba a todo berrar, e gracias o vento do leste escoitabamos perfectamente. Soaba naqueles intres o pasodoble “mi jaca”, o que fixo que mentras durou, estiveramos completamente caladiños escoitando.

Desde alí mesmo vímos unha parella acercandose o riu, e perdimolos de vista durante unha media hora. Cando saíron das salgueiras cada un liscou por un lado diferente, o que levou o Céfiro a referirnos unha anécdota, que nunha ocasión le sucedera a él.

Estaba él no Salgueiral nunha tardiña, e de pronto, xusto enfrente, do outro lado do Tuela, albiscou tamén unha parella, practicando o deporte mais vello do mundo, o que agora os cursis chaman “hacer el amor”, cando daquela nós tíñamosle un feixe de nomes, tales como votar unha cana o aire, afoscallar, votar un casquete, etec. Aida que o que mais nos gustaba era, porse nela, ou simplemente foder.

Según o meu amigo Céfiro, o exercicio decidiron facelo de pé, apoiados nun negrillo daqueles grandes que habia nos prados. O problema veu cando a moza, que estaba de costas ó negrillo, se deu conta de que él os estaba a mirar. Enton sen consideración de ningunah clase, deulle un empurrón o mozo e liscou, podedes imaxinar a ridicula postura do mozo.

¡Buff, tempiños!.

e

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:57:45 | Permalink | No Comments »

Thursday, July 9, 2009

CARTA ABERTA A MODESTIÑO

  ¡Consumatum est!

  Iva un tempo, querido primo, qué o que sucedeu o domingo estaba anunciado. Ben certo é que a parca chega cando lle peta é vai a quen lle parece. Mais as veces, nos damoslle demasiadas facilidades.

 Gustaríame decir que viviches como tí quixeches, mais analizando-o ben, creo que fuche unha especie de xoguete en mans da roda da vida. Tamén creo que eso pásanos a todos, pois o destino de cada quen fai o que le peta.

 Chegados a este punto, creo firmemente que non fuste nunca un agraciado da vida, e que ó paso por ela, salvo cousas que se me escapan, non foi para que le quederas agradecido.

 Traballaches toda a vida, sen rendemento material que te servira para estes últimos anos.

 No pobo agora todo o mundo te quere moito, creo que con razón, pois non coñezo a ninguén que mais axudera ós veciños cada vez que podia, e sempre sen nada a cambio, é, cun sorriso nos beizos sempre. Eu coñecinte traballando toda a vida, ben axudando a teu pai, en Suiza, nas obras, conducindo camions, sempre ou case sempre, marchandote sen cobrar, unhas veces e non podendo facelo outras, por culpa dos aproveitados. Pero bueno, xa chegados a este punto xa nada ten importancia. Supoño que quedarale o remordimento a aqueles que se aproveiteron de tí.

 Fíxate que xa se empeceron a aporveitar de ti cando naciste. A túa madriña decia que, como eras ruinciño morrerías pronto, e que así cando un neno chega o ceo, o primeiro que fai é pedir polos seus padriños.

 Bueno, amigo primo, espero que na outra vida todo te sea como ti queiras, se é que podemos escoller. Non sei.

 A partir de agora xa nada será igual en San  Ciprián. A min sempre me faltará aquel rapaz que fuches, é que sempre me chamaba “meu primo Balel”.

 Espero no esquecerme nunca de tí.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:22:44 | Permalink | Comments (1) »

Saturday, July 4, 2009

CANDO FALLAN AS PREVISIONS

 

 Eran tempos duros. Naqueles tempos a vida pola zona de Val dos Marcos tamén era dura. Comíase o pouco que producian aquelas duras terras. Ainda que a terra daba os seus froitos as veces abondosos, éramos demasiados para comelos.

 As casas donde se vivia estaban moi lonxe das casas actuais.Eu ainda recordo casas co piso donde vivian os seus moradores, con separación etre as tablas de mais de un centímetro, menos mal que debaixo estaban os animáis que facian de calefación. Aquelo so tiña un problema, que no vrao os aromas que viñan da corte non eran os mais desexados.

 Cando eu tiña arredor de vinte anos, na casa de meus pais, decidiuse “arreglar” a casa que fora do tiu Marcelino.

 Daquela,  seguramenta coma agora, os cartos non sobraban. Mellor diriamos que non os habia. Creo que nin os “ricos” da zona tiñan demasiados.

 Porse a ampliar unha casa, era cousa  de xente moi valente. Me pai decidiu “tirar” para adiante.

 Contaba coa axuda inestimable do seu cuñado Manolo, e supoño que tamén coa miña, pois ainda que casi non sabía facer nada, tiña vontade e ganas de axudar.

 Manolo non cobraba, pois tamén él queria facer outra casa, polo que andarian a tornaxeira. E eu como non podía ser menos tampouco, igual que meu pai, polo tanto á man de obra estaba arranxada. Outra cousa eran algúns dos materiais que facian falta, tales como a pedra e a madeira. As primeiras cortábamolas entre os tres e despois había que pedirlle o favor ós que tiñan vacas e carro para que nolas trouxeran.

 Coa madeira sucedia casi o mesmo, mais con unha agravante que era, que, a madeira para facer as portas e fiestras, e o amadeirado do piso como o do louxado, debe estar seca. Esto quere decir que deberia levar cortada e serrada uns cantos anos, pois sé se traballa en verde despois o secar merma, e torce, polo que o traballo feito non serve para nada.

 Para o piso fumos arranxando madeira, daiqui e dalí, aproveitando algunha da casa vella, é decir que para aquelo mais burdo alá fumos arreglando. Outra cousa era a madeira para facer as fiestras e as portas, así como os batentes das mesmas. Esta madeira deberia ser de castañeiro, e estar seca.

 O amigo Elias do ti Constantino, cedeulle a meu pai unha torada dun castañeiro que levaba varios anos caida na Costa.

 Estaba nun barranco do que non se podia sacar nada mais que xa transtormada en tablóns. Habia que cortarlle a parte das raices, pois o parecer o castañeiro fora arrancado polo vento.

 Cortemolo co “tranzador”, cousa que nos dou un enorme traballo, pois no corte, esta ferramente apenas se movia para un lado e o outro uns centímetros.

 Unha vez cortada, con moito esforzo puxemos a torada encima do burro, e dispuxemonos a serrala coa serra miñota.

 Cando iamos a empezar meu pai todo contento díxome: Se está toda sana, daiquí sacamos madeira para todalas portas e casi todalas ventanas.

 O primeiro fiu que le demos foi exactamente ó medio, coa idea de facela torada mais manexable. Na cabeza de meu pai xa estaban distribuidos, os marqueados, as cadeas e os entrepaños, é dicir que xa casi tiña arranxada toda a carpinteria da casa.

 Empecemos a serrar, tamen con moito traballo, pois como era tan grande a torada, a serra apenas tiña percorrido.

 O fin chegemos o final do corte, e decidimos baixar os dous cachos para volver a preparalos para novos cortes. Aiqui foi o problema; cando quedou o corte a nosa vista démonos conta que no medio, a torada estaba podrida, o suficiente para que solo se puderan aproveitar os casqueiros.

 Nunca volvin ver unha cara de trsiteza tan grande como a que puxo o Pepe, e nun momento pensei que ia a porse a chorar. Faltoulle pouco. Creo que si os dous non choremos foi porque, polo menos, nunha hora non dixemos nin “pio”.

 Valanos Deus. ¡Que tempos aqueles!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 22:17:25 | Permalink | Comments (2)

Thursday, July 2, 2009

NON TODO NA VIDA É MALO.

 

  Na vida de unha persoa hai de todo. Dias bós días máus e días que houbera sido mellor que non existisen.

  Parece que cando chegamos a este mundo, hai que ir descifrando o porqué e o por qué.

  Ninguen chega  con instruccións de comportamento, nin tanxiquera de subsistencia, pero o verdadeiramente bonito, é que chegamos a descubrir o camiño que case sempre está cheo maleza nas beiras e no mesmo medio.

  Oxe estou francamente contento, e coido que tamén o estarian os meus antepasados, pois, a propia vida de cando en vez date folgos.

  Sen decir o porqué esplicitamente, quero deixar eiqui, constancia dunha alegria, que en breve imos celebrar, con festa rachada.

  So desexo que todos teñaís un dia eufórico, coma o meu de oxe.

  Apertas a todos.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:13:27 | Permalink | Comments (4)

Saturday, June 27, 2009

O TOLO

 

 Percorríamos as ruas daquela aldea de Valdeorras, cando nos crucemos con él.

 Era un home xa entrado en anos, pelo canoso escondido debaixo dunha pucha capada e metida case a rosca na caluga. Encorvado co peso das fames e os traballos sufridos para alonxalas.

 Ia cunha mirada semiperdida posta nun lugar impreciso entre o seu nariz e o horizonte, cun sorriso alelado nos beizos, nos que, nun canto, penduraba unha cabicha que parecia que debia levar apagada toda unha vida.

 Cruzábase cos veciños, ós que facía unha reverencia medio burlona, medio seria mais sempre cun deixe de soberbia, como decindo: eu teño razón, tí que miras!.

 Ainda que estabamos no mes de Santamariña, e facía un sol de xusticia con mais de trinta e cinco graos, él iba enfundado nun traxe de pana, e debaixo da chaqueta levaba un chaleque do mesmo pano.O traxe se o quitaba tíñase de pé. Nos, ainda que ibamos en mangas de camisa, casi sudábamos, mais él ia como si tal.

 Chegou ó fin da rua e rousou polo camiño da serra. Non .se decatou de que baixaban unhas cantas vacas moscando, e o atoparse con él de sútaque, non o poideron canear e alí mesmo o deixeron medio esmagado.

 Cando fumos auxilialo, so dixo: “Que o meu fillo o busque, a meiga e meu pai tiñan razon, está ….está…na….casa…..”

 Ladeou a cabeza e alí mesmo finou, sen que poidésemos facer nada por axudalo.

 Aquel dia, nos íbamos a Pena Trevinca, entrando pola zona do Barco de Valdeorras, entre outras cousas, tamén queríamos visitar o Teixedal de Casaio, mais esto contarémolo doutra vez.

 Cuando subíamos hacia Trevinca, acompañados polo noso guia particular, e despois de contemplar a desfeita naqueles montes por mor de arrancar as pizarras, sen contemplacións co medio natural,(parece que a maioria dos individos que explotan aquelo, importalles un carallo, todo o que non sexa diñeiro) cando xa albiscábamos o teixedal de Casaio, acordeime do suceso relatado con anterioridade.

 Pregunteille ó noso acompañante se sabía algo daquela persoa, baixo o meu punto de vista, curiosa. Enton respondeu que sí, que o coñecia de sempre e tamén a un fillo que tiña.

 Dixo que lle chamaban o Tolo, debido a que desde que lle morrera o pai, non fixera outra cousa que dilapidar o capital herdado por culpa dun dito de seu pai no leito da morte, dixo as mesmas palabra ca él cando foi esmagado polos bois.

 Para buscar o tesouro na casa chegou a desfacela caseque de todo, buscando debaixo dos lizaces da mesma, sen resultado ningún.

 A partir daquela a xente escomenzou a tomalo por tolo, axudada polo seu comportamento, o que fixo que se fora aillando cada vez mais dos seus conveciños, hasta chegar o punto no cual eu o coñecera. Con pinta de ido.

 Cheguemos a Pena Trevinca, saímos pola vertente xabresa, e todos volvimos a nosa rutina diaria, de comer, dormir, e tentar de gañar o necesario para seguir mantendo a rutina.

 Vai uns dias atopeime de casualidade, na Gudiña, co paisano que nos acompañara a Casaio e Trevinca. Saudémonos, é tomando unhas cuncas de viño das terras do Bolo, preguntoume se non sabía o que lle acontecera á familia do Tolo. Díxenlle que sí, pois estaba eu presente o dia do suceso luctuoso. Entón el díxome que despois, acaeceralle algo o fillo do Tolo.

 O parecer todo aconteceu, cando o fillo do Tolo vendeu unha viña que era da súa familia. Na devendita viña o parecer había unhas paredes que correponderan a unha pequena adega familiar desde varias xeracions atrás.

 Os compradores da finca querian añadir a viña a outra que xa tiñan coa idea de dedicarse a facer viño de Godello. Entón no que fora a antigua adega escomenceron obras para facer unha nova.

 No desterro para facer os lizaces de novo, o home que manexaba a máquina, atopou unha especie de arcón de plomo, que o principio penseron se sería un cadaleito, e deron parte a Garda Civil, que trasladou o achádego os xulgados.

 Aiqui escomenzou xa  radio macuto veciñal, dicindo se seria o tesouro da familia, ou non.

 Nos xuzgados cando abriron o arcón, parece que, efectivamente, atoperon un tesouro, os novos donos piden-no para eles, os que venderon din que eles non venderon o tesouro e polo tanto é deles, o axuntamento dí que estaba en terreo propio, a diputación que tamén, os do patrimonio artistico e cultural o mesmo. En fin que todos queren ter parte no famoso tesouro.

 Un xuiz, tomou a determinación de abrir o arcón, e dentro do mesmo apareceu un torques de ouro e un plano, que gora se supón que é o do verdadeiro tesouro. Pero ¡Oh, amigo! non hai fillo de veciño que sea capaz de descifralo. O mais parecido da escrita, parece ser, ós caracteres rúnicos, mais os expertos din que non.

 Xa veremos quen se queda co torques, quen se queda co plano, e quen co arcón.

 Hai que dí que o verdadeiro tesouro é o arcón, pois agora parece que non é de plomo.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:56:44 | Permalink | Comments (2)

Saturday, June 20, 2009

¿QUE LOBOS SON MAIS PERIGOSOS?

 As aveiras levaban mais de dúas semanas baixando desde os cúmios dos louxados, e aquelo parecia que no ia ter fin. A invernia, collérale gusto ós lombeiros. Todo aquel tempo os grandes neboeiros estaban pousados, polo leste no Monte Muga, no norte nas serras de Lubián e Chaos  pola banda de Galicia no Marabón e polo sul, na serra da Escusaña. É esta unha serra bastante fachendosa, pous ten polo medio unha raia, supoño eu que para separase o pelo. Por unha banda peinan-a os do Zeive e Santa Cruz, e pola outra os de Hermisende e Sancibrao.

 Unha noite, deulle ó vento por transportar aqueles grandes nubeiros, quedou o ceo estreladiño, o que fixo que unha estupenda xeada se deitera sobre todo o Val dos Marcos. A mañanciña, o vento de novo trouxo outras néboas. Estas transportounas desde as serras de Lubián. Xunto cos nubeiros arratrou o vento o alento dos montes da Segundera, que viña alitósico da neve dos cumios dalí.

 Estivo todo o dia  nevando, con aqueles copos que os lugareños adoitábamos chamar farrapos, pois case que eran do tamaño dunha farrapeira. O medio dia deixou de circular o vento e as farrapas caian mansiñas, é eran de tal tamaño que o caeren sobre a neve xa acugulada facian piaxe.

 Naquela noite, o señor vento, volveu a levarse os nubeiros, e a xeada aposentouse de novo por todo o Val do Tuela. Na mañá seguinte os candiolos case que chegaban desde os louxados o chao.

 Naqueles dias o personal masculino so tiña o traballo de acomodar as bacas, e xogar a partida arredor da gran estufa o roxo vivo que o dono da cantina se encargaba de non deixar enfriar.

 Despous de cear é de escoitar “o parte”, o personal apoderouse das mesas, arredor da estufa e escomenceron as batallas de tute, brisca é dominó. Calquera que chegara alí sen coñecer o ambiente, abraiaba, pois os berros, mezclados cos golpes dos nodelos na mesa cada vez que algún mataba o trunfo dun contrario e os golpes das fichas do dominó, deixaban a calquera apampado.

 De súipeto abriuse a porta e entrou na cantina un home que levaba unha coroza de palla cuberta de neve, que non le deixaba ver a cara, é berrou desde a porta:

-         Os lobos materon o capador de Pentes, e estan-no comendo, arriba, no alto do facho..

 O alporizamento da xente foi grande, e caseque todos sairon para acercarse o lugar mencionado, co ánimo de traer o corpo do morto.

 Os que tiñan espingarda boteron mau dela, e os que non, levaban espalladeiras, sacholos e outras ferramentas, que en caso necesario servirian de armas.

 Solo quederon na tasca, os de mais idade e o “cantinero”, facendo cábalas sobre como seria ou non sería.

-         Non era doado que o capador se deixese acometer polos lobos, pois era un home finchado, e ademáis sabíase que sempre levaba un pistolón a cinta, aparte da garrota de buxo, cunhas canrranquiñas cerca da punteira, que tamén era de ferro aguzado-dixo un dos vellos.

 Nesto abriuse a porta da vella tasca, e bufando coma un becerro entrou o morto, cunha carraxe de mil pares de demos, blasfemando contra todo.Según dixo, despois, un dos presentes, no deixou sen nombrar ningún santo do ceo.

 Acercouse o mostrador e pediu unha cunca de auardente, a que  trasegou case sen respirar.

 Cuando colleu alento, e ante a cara de estupor dos parroquianos, díxolles:

-         Acaban de salvarme a vida tres lobos, fai cousa de unha hora. ¡Coño!, agora que me dou conta ¿Dónde carallo está a xente?

-         Foron buscar o teu cadavre, pois apareceu por aiqui unha espécie de pantasma, cuberta con unha coroza de palla, dicindo que te estaban a comer os lobos- dixo un dos vellos.

-         Ese era ó verdadeiro lobo.¡O cabrón!. Menos mal que ten mais medo que vergoña, senon seguramente agora estarian baixandome teso, os que foron a buscarme. Tentou roubarme, cando eu baixaba na fraga furada, atizoume na caluga cun pau, e pensando que estaba morto, escomenzou a buscar a miña carteira, cando apareceron tres lobos os que lle colleu medo e liscou. Un dos lobos acercouse a min e deume dúas lemetadas na cara, que me fixeron volver en min. Nunca sentin tanto agradecemento por un animal, que naquel momento.

-         ¿E non che fixeron nada?-preguntou alguén.

-         ¡Que va!, eles ian o seu, e supoño, que a lambetada foi para ver se era comestible, cousa que ó parecer non son.

-         Non vais buscar o que te quixo eivar?.

-         Non, que va!, coñezoo ben. É veciño.Xuro que ese cabrón non chega vivo a mañá. ¡Van comelo os lobos!

 Pasado un tempo comentouse moito pola zona das ventas de Erosa, a desaparición dun veciño dun daqueles pobos.

 Despois de moito tempo apareceron os zamancos o lado dos cuais habia unha coroza de palla.

 Os comentários sempre eran os mesmos: Cando pasaba desde a Esculqueira o Tameirón, un home foi comido polos lobos.

 ¡Pobres lobos!, como non se poden defender, pagan cousas que moitas veces fan-nas os lobos de dúas patas.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:04:48 | Permalink | Comments (2)

Tuesday, June 16, 2009

UNHA COUSA E PREDICAR E OUTRA DAR TRIGO

 Estaba na porta da choza, non de outra maneira se podía chamar a casa na que vivian.

 O neno da casa xogaba con outros das casas aledañas. Menos mal que era no mes de Agosto, pois as vestiementas que levaban todos eran as mais adecuadas como para refrigerarse, mais non para esconderse dos tabaos que podiar entrar na pel a chucharlle o sangue.

 Pola porta da chabola baixaba unha canle de auga, que case sempre levaba ó estanque no que desaguaba un pequeno fío de auga, que non se via correr por mor das oucas, e dos excrementos das galiñas que escarbaban mais arriba.

 O enxamio de moscas, tabaos, abellas e abrespas, non deixaban ver o fondo da canle.

 Así é todo de cando en vez os rapaces ian alí a encher os “cichois”, para regarse uns os outros.

 Xa era a enésima vez que desde dentro da casa saia un berro chamando polo “Pisco”, nome abrebiado dun dos rapaces que estaban a xogar.

-         ¡Ou ves a comer, ou saio e esfarrapote!.

 O rapaz estaba tan entusiamado, sacandole as pata a unha rá que colleran, que ni se enterou de que o chamaban.

 Os compañeiros lisqueron a comer, e cando se deu conta de que estaba solo, xa era tarde, súa nai asomou na  porta co barredeiro nas mans, para invitalo a entrar a comer. O rapaz escapou correndo, a mai detrás del, e na esquina atizoulle co barrediro no lombo, xusto cando por alí pasaba a beata caritativa da aldea, que o ver a barredeirada que le caeo o rapaz, escomenzou a insutar a mai, decindole de todo, e avisando que a ia a denunciar por maus tratos o rapaz.

-         ¡Non pararei hasta que te quiten a custódia do fillo!.  Pensais solo en facelos, e despois tratailos coma bechos.

 A media hora apareceu por alí unha parella da Guardia Civil, cunha orden dun Xuiz, e sen explicacións de ningún tipo, leveron a muller o xuzgado, acusada de maltrato a un menor.

 A muller chorou, suplicou, púxose de xeonllos, para que no a leveran, pois quedaba o neno solo.

 Ninguén le fixo caso.

-         ¡Hai unha denuncia, señora!-foi a única resposta que obtivo.

 Foi o xuzgado, o Sr. Xuiz, en vista da denuncia, determinou un alonxamento da mai  da criatura.

 De volta a aldea, o rapaz tentou chegarse a nai, pois xa a botaba de menos, mais a inquisidora puxo o berro no ceo, chamou outra vez a Guardia Civil, para que se cumplira a sentencia.

 Habia na aldea un comandante de puesto, que era bastante boa persona, e sobretodo, un ser intelixente.

 Ante a situación creada, decidiu darle él solución ó problema.

 Colleo o rapaz pola man, e levouno a casa da beata, decindolle:

-         ¡Aiqui ten o neno!, como agora a súa nai non pode atendelo, por orde xudicial, promovida por vostede, alguén deberá darle de comer. O mellor é que o faga na súa casa, pois polo visto a alma mais caritativa, e mais defensora das labazadas e vostede.

 O neno non paraba de berrar decindo que queria estar con súa nai, e a muller contestou que ela non tiña que dar de comer a ninguén.

¡Faltaría mais!, ela so estaba para desfacer entortos. E moito menos para deixar entrar na súa casa a un desfarrapado!-

 Se se teñen fillos hai que atendelos, ben. As leises son as leises.

 ¡Igualiño que o Cabaleiro da Triste figura cando axudou a un gañan, que o amo ó zorregaba.

 Librenos Deus das almiñas caritativas cos veciños.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:07:47 | Permalink | No Comments »

Saturday, June 13, 2009

¡PÌDO CLEMENCIA, SE SON XUZGADO!

 Xa non podia aguantar mais. Tiven que facelo, non tiña outra alternativa. Mira que les dixera mais de unha vez, que desistiran do seu intento, mais non fixeron caso. No me deixeron outra alternativa.

 Dende eiqui, hoxe, é públicamente, acúsome da masacre de unha familia enteira,tal vez de un pobo inteiro.

 As cousas empezeron xa vai un par de anos, polo menos. De cando en vez, habia un intento de invasión nos meus dominios.

 Eu tentaba que as cousas non foran mais alá do necesario. Opuxenme con todos os medios ó meu alcance, sabe Deus que o tentei de case todolos xeitos. Non se me fixo caso. Seguian teimando no seu propósito.¡Eu aquello non o podia consentirs!.

 Cheguei a falar directamente con todos e todas. Todo foi inutil. Nin “puñetero” caso.

 Tras varios intentos de disuadilos da súa inoportunidade, e despois de decirlles que aquelo so deberian fecelo cando eu fixera o mesmo con eles, é decir, cando eu tentara invadir os seus dominios, enton poderia ser xusto o que eles facian.

 Dixenlles que aquelo era declararme a guerra, é de persistiren na súa actitude non me deixarian outra alternativa, que a forza, e as armas de destrucción masiva o meu alcance.

 Pois ben, fixeron caso omiso a todo. Os meus berros, soárolles como se cantase un carro.

 Todo nesta vida ten un límite, e despois de moito tempo, a miña pacencia, chegou a un ponto donde xa non era posible a volta atrás.

 O que mais lamento de todo esto, é que foron tan cobardes, que manderon por diante ós mais pequenos, quero decir ós mais noviños. Seguramente porque a sangue nova, é bulideira, e cando chega o cerebro demasiado osixenada polo exceso de movimento, fai que as neuronas se fagan irreflexivas.

 Aproveiteron unha pequena ausencia miña. Cando cheguei de novo, atopeime con unha invasión nos meus dominios en toda regla.

 Xa canso de todo aquilo, algún tempo antes, eu falara con un laboratório, que alguén me contara que me podia axudar.

 Non quero dar nomes, pois a xusticia solo debe procesarme a min.

 Xa tiña preparada a miña defensa, en caso de unha nova agresión.

 Eran moitos, probablemente, uns cantos centos. Todos xoves, de vez en cando no medio habia algún adulto.Seguramente para dirixir a operación.

 O primeiro que fixen foi cerralleles o paso pola retaguardia, cunha cantidade do producto quimico. Para non deixalos avanzar, fixen o mesmo na parte dianteira, e nos puntos intermedios das súas columnas, mais do mesmo.

 Os quimicos son a “leche”. Cando fui deixando os “agasallos”, notei que ou ben por curiosidade, ou ben por que lles gustaba, facian corro arredor do mesmo, e daban lambetadas.

 Chegou un momento en que parecia que todos estaban demasiado contentos, pois a inicial disciplina na marcha, rachera. Cada cual ia para onde le petaba. Xa se escomenzaban a ver cadaveres de cando en vez.

 Despois de medio día, do lugar da batalla desapareceran todos. Vivos e mortos.

 Por fin, parece que definitivamente, as formigas abandoneron a miña terraza.

 ¡Non foi por non avisalas!.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:27:16 | Permalink | Comments (1) »